Unificación alemana


Este es un pequeño resumen que os puede ayudar a entender la unificación alemana:


1) Antecedentes

No Congreso de Viena (1815) creouse a Confederación Germánica, isto é, 37 estados
gobernados por unha Dieta e liderada por Austria e Prusia. Desde o principio estas dúas potencias
loitaron polo poder dentro da Confederación.
Os sentimentos nacionalistas de carácter unificador naceron coas invasións napoleó-
nicas e creceron nas revolucións de 1830 e 1848.
A unificación baseouse en dúas forzas: a ideolóxica, onde hai que recordar a Hegel e aos
movementos liberais xurdidos dos círculos universitarios e que defendían un estado federal,
e o desenvolvemento económico, que buscaba a unión dos mercados, plasmado na
Unión Aduanera (1834), Zollverein (Silesia), o ferrocarril e o desenvolvemento bancario.

2) Fases da Unificación

a. Os intentos de unificación política (1848-62)
Nas revolucións de 1848 na Confederación Germánica lográronse constitucións nalgúns
estados (Sajonia, Baviera, Baden, Hannover etc.) e conseguiuse reunir ao Parlamento
en Frankfurt que substituía á Dieta. Neste Parlamento expuxéronse as posibles
vías para lograr a unidade: a unión en torno a Austria, a unión en torno a Prusia pero excluíndo
a Austria e a idea do Estado Federal.
O fracaso da revolución de 1848 impediu que se levase a cabo a unidade. A partir de entón
Austria mantívose sempre conservadora, mentres Prusia comezou o seu desenvolvemento
aproveitando algunhas ideas liberais.

b. A unificación
Coa chegada ao poder de Bismarck e Guillermo I, a unificación entrou na súa etapa práctica.
Tres son os momentos máis importantes e decisivos: a Guerra dos Ducados (1864), a
Guerra Austro-Prusiana de 1866 e a guerra Franco-Prusiana de 1870.
Non se podería lograr a unidade sen o desenvolvemento económico de Prusia e, sobre todo,
sen a reorganización do seu exército; todo iso foi labor de Bismarck, que ademais soubo
apartar a Francia nun primeiro momento, e a Rusia, dos conflitos.
Prusia, máis desenvolvida económica e militarmente que Austria e Prusia conseguiu fáciles
vitorias ante ambos países que lle permitiron consolidar o II Reich con novos territorios:
Alsacia e LOrena, converténdose no referente político e económico da Europa posterior
a 1870.v

No hay comentarios:

Publicar un comentario